1 oct 2008

A ASOCIACIÓN "TERRA DAS MARIÑAS", EN COLABORACIÓN CÁ FUNDACIÓN COMARCAL DE BETANZOS, TEN ENTREGADO FRONTE AGADER O DOCUMENTO DA CANDIDATURA DO GDR-29

O día 16 de setembro, entregouse o documento final da candidatura LEADER 2007-2013 do novo Grupo de Desenvolvemento Rural "Mariñas-Betanzos". Este documento foi aprobado por todos os socios na Asemblea Xeral celebrada o día 11 de setembro no Edificio Sociocultural de A Senra (Bergondo).
E seguindo có proceso de constitución desta nova asociación, se solicitou o CIF na Axencia Tributaria (Delegación de Betanzos) e tense entregada toda a documentación precisa para inscribir a dita asociación no Rexistro Provincial de Asociacións.
Respecto ó GDR-29 estase á espera da aprobación do documento por parte de AGADER e á asignación dos novos orzamentos para o Programa.
Actualmente o equipo de Terra das Mariñas está a traballar no Programa PRODER e con todos aqueles expedientes que foron subvencionados polo mesmo.
En colaboración cá Oficina Comarcal de Betanzos, tamén se está a traballar na elaboración da candidatura do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro" có fin de entregar o documento definitivo o día 15 de outubro do presente ano.
Para máis información podense consultar os Blog´s de ambos grupos.

No hay comentarios: