15 oct 2008

INFORMACIÓN SOBRE A CANDIDATURA DO GOLFO ÁRTABRO

Como se publicou en anteriores entradas, a Asociación Terra das Mariñas, en conxunto cá Fundación Comarcal de Betanzos, estivo a traballar na elaboración da candidatura do G.A.C. "Golfo Ártabro".

O día 13 de outubro celebrouse a Asemblea Xeral dos socios de dito Grupo, onde se expuxo o Plan Estratéxico Zonal (P.E.Z.).

Nesta reunión acordouse, en conformidade con todos os asistentes, facer os cambios pertinentes no documento presentado.

Técnicos de Terra das Mariñas están a ultimar os cambios acordados na Asemblea Xeral para proceder a entrega do documento na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Santiaga de Compostela.
O documento completo pódese consultar dende o Blog (http://gacgolfoartabro.blogspot.com)


No hay comentarios: