19 ago 2008

ELABORACIÓN DE NOVAS CANDIDATURAS

Como xa saben, o Grupo de Acción Local Terra das Mariñas segue a traballar na elaboración da candidatura para o novo Programa LEADER (2007-2013). Esta candidatura corresponde ó GDR-29 o cal foi denominado, polos socios fundadores como "GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS-BETANZOS".
Tamén se está a traballar na candidatura para o Grupo de Acción Costeira "O GOLFO ÁRTABRO" para o cal se celebrará unha reunión de presentación o mércores 20 de agosto do 2008 na casa da Cultura de Sada "Pintor LLorente" as 12:30 horas.

Para mais información poden consultar os Link´s asociados.
http://gdr29.blogspot.com/
http://gacgolfoartabro.blogspot.com/

No hay comentarios: