29-may-2009

ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 2009

O pasado 19 de maio de 2009 no Edificio Sociocultural da Senra (Concello de Bergondo) tivo lugar a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación G.A.L. Terra das Mariñas. Os puntos do Orde do día foron aprobados por unanimidade e foron ratificados os cargos da nova Xunta Directiva. A composición é a seguinte:

-PRESIDENCIA: D. José A. Santiso Miramontes, Alcalde de Abegondo
-VICEPRESIDENCIA: D. José D. Garrote Martín, representante do Concello de Sada.
-SECRETARIA: Dna. Concepción Lema Torre, en representación da Mesa Sectorial de Artesanía, Mulleres, Xóvenes e Asociacións de Interesa Comunitario e Social
-TESOREIRA: Dna. Aída Pérez Barredo, en representación de Mesa do Sector Empresarial e Asociacións de Empresarios.

VOGAIS DO SECTOR PÚBLICO:
-Dna. Rosario Figueiras Icasuriaga, representante do Concello de Arteixo.
-Dna. Alejandra Pérez Maquez, Alcaldesa de Bergondo.
-D. Venancio Salcines Cristal, representante do Concello de Cambre.
-Dna. Florinda Duarte Gerpe, en representación do Concello de Carral.
-D. Isidro Taibo Gago, representante do Concello de Culleredo.
-D. Daniel Romero Cajigal, representante do Concello de Oleiros.
-D. Antonio Salvador Lagares Pérez, representando á Deputación Provincial da Coruña.

VOCAIS DO SECTOR PRIVADO:
-Asociación de Empresarios de Bergondo, representado por Antonio Antelo Añon.
-Fundación para o Avance Científico da Veterinaria en Galicia, representado por Xosé Uxío Rey Fernández
-Romeda, S.L., representado por Gerardo Romero Copo.
-Altavela, S.C., representado por Esteban Fernández-Couto Tella
-Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, representado por Edmundo Varela Lema
-Centro de Extensión Universitarias e Divulgación Ambiental de Galicia, representado por Carlos Vales Vázquez.

Na sesión extraordinaria, celebrada a continuación foi aprobado por unanimidade polos socios asistentes o orde do día: modificación dos Estatutos, engadindo un novo punto ás finalidades da Asociación.

15-may-2009

ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DE TERRA DAS MARIÑAS

O vindeiro martes día 19 de maio de 2009 terá lugar no Edificio Sociocultural da Senra (CONCELLO DE BERGONDO, a ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DE TERRA DAS MARIÑAS.

Orde do día (SESIÓN ORDINARIA)
HORA: 11.30 HORAS EN PRIMEIRA CONVOCATORIA E 12.00 HORAS EN SEGUNDA

- Informe das actividades desenvolvidas durante o ano 2008
- Presentación das contas anuais do ano 2008
- Presentación do orzamento para o ano 2009
- Ratificación dos cargos da nova Xunta Directiva
- Rogos e Preguntas

Orde do día (SESIÓN EXTRAORDINARIA)
HORA: 13.00 HORAS EN PRIMEIRA CONVOCATORIA E 13.30 HORAS EN SEGUNDA

- Modificación dos Estatutos no seu artigo 4 (Finalidade), incorporando nas súas finalidades o apartado m) "A prestación de servizos de asesoramento ou de xestión ás persoas adicadas á agricultura, a gandería ou explotación forestal".

29-ene-2009

AXENCIA DE EMPREGO DE TERRA DAS MARIÑAS

A Asociación Terra das Mariñas ten a disposición dos seus usuarios, dende septembro de 2008, un novo servizo: Axencia de emprego.

Esta Axencia farase cargo de todas as funcións referidas á propia Asociación tras o cese do persoal técnico a cargo do Programa PRODER II; polo que a axente de emprego será a persoa de contacto para calquera xestión.

As noticias referidas á Axencia serán publicadas neste Blog e presentarán temáticas diversas: normativa, axudas, organización de actos, proxectos...

Persoa de contacto: Maria Teresa Pita Seijas
Dirección: San Marcos s/n, 15.318, Abegondo
Teléfono: 981 669 532
Fax: 981 673 574
Correo electrónico: info@terradasmarinas.com

PRESENTACIÓN DA COMARCA COMO DESTINO TURÍSTICO EN FITUR 2009

O día 30 de xaneiro presentarase o a guía do Roteiro Mariñán que leva por título "Roteiro Mariñán: Ocio, Medioambiente, y Patrimonio en el área metropolitana de A Coruña" editada pola Asociación Terra das Mariñas.
O acto terá lugar ás 10:00 horas na feira nacional FITUR 2009 (Madrid).
O Director Xeral de Turísmo acudirá a presentación desta guía.

PRESENTACIÓN DO LIBRO RESUMO DO PROGRAMA PRODER II (2000-2006)


O 22 de xaneiro de 2009, a Asociación Terra das Mariñas ten presentado o libro "Manual de boas prácticas en desenvolvemento rural: O Programa PRODER II (2000-2006)"

Este acto celebrouse no restaurante "O Pantano" ás 19:30 horas. A el asistiron representantes dos oito concellos da comarca, promotores de distntos proxectos acollidos o Programa PRODER II e demais persoas cuio traballo estivo, dalgún xeito, vinculado á Asocicaión.

Este acto converteuse no "fin de festa" do Programa no que se aproveitou para agradecer todo o traballo e esforzo realizado ó abeiro do mesmo.

SINATURA DO CONVENIO PARA A XESTIÓN DOS FONDOS LEADER POLA ASOC. "MARIÑAS-BETANZOS"


O día 23 de decembro de 2008 AGADER resolveu a convocatoria de selección de programas de desenvolvemento rural (GDR) no marco do Programa LEADER 2007-2013.
A Asociación de Desenvolvemento Rural "Mariñas-Betanzos" recibiu unha asignación de fondos por importe de 5.000.000 de euros.
A este respecto, o día 28 de xaneiro de 2009 , o Presidente de dita Asociación (Juan J. Rocha Carro) asistiu ó acto de sinatura acompañado por representantes das diferentes entidades asociadas ó GDR.

PRESENTACIÓN DO XOGO DIDÁCTICO "PREGUNTOIRO DAS MARIÑAS"


O día 13 de xaneiro de 2009 ás 12:00 horas, tense presentado na Fundación Wenceslao Fernández Flores, o xogo didáctico "Preguntoiro das Mariñas".
O mesmo día ás 20:00 horas tense realizado unha segunda presentación na Casa da Cultura de Carral dirixida especialmente a asociacións e centros de ensino.

Este xogo foi elaborado conxuntamente pola Asociación Cultural "Cultura Aberta de Carral" e a Asociación "Terra das Mariñas"; así mesmo contouse cá colaboración do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, Consellería do Medio Rural, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, FEOGA e Obra Social Caixa Galicia entre outros.
O seu obxectivo principal é propiciar dun xeito ameno o coñecemento da natureza, do patrimonio, da arte e dos recursos existentes nos municipios que conforman o territorio mariñán.
Este xogo combina as novas tecnoloxías (presentase en CD-ROM e pódese acceder a él a través da páxina web "www.preguntoirodasmarinas.es") con outras presentacións máis tradicionais (taboeiro, fichas, dados,...)

Dende aquí esperamos que esta iniciativa perdure no tempo e axude dun xeito significativo ó coñecemento do propio territorio.

TERRA DAS MARIÑAS PON EN MARCHA O PROXECTO "ROTEIRO MARIÑÁN"


Este proxecto desenvolveuse polo GAL Terra das Mariñas dentro do Programa PRODER II, seguindo có Plan de Desenvolvemento Turístico do territorio.
O obxectivo deste proxecto foi a creación dunha rede de roteiros de senderismo os cais constitúen un ANEL VERDE que percorre todos os municipios da Área Metropolitana da Coruña.
Esta rede mellora as infraestructuras e aumenta a oferta de actividades de ocio na natureza existentes na comarca e contribue a potenciar os fermosos recantos e espazos naturais que posúe o terririo.
Os promotores destes proxectos foron os oito concellos da comarca (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada), diversas entidades de carácter privado e o propio GAL Terra das Mariñas.

Todas estas rutas están recollidas nuha guía editada recentemente a cal será presentada o venres 30 de xaneiro de 2009 ás 10:00 horas na sala de actos do stand de Galicia en Fitur-2009.

PRESENTACIÓN DO MATERIAL PROMOCIONAL PARA FITUR-2009

O día 18 de decembro de 2008 tense celebrado no Hotel CRUNIA, Concello de Culleredo, a presentación do material promocional de "Terra das Mariñas".
Este material foi elaborado para a promoción turística da Comarca na feria madrileña "Fitur 2009". Así mesmo, tense distribuido entre ós distintos concellos da comarca, diversas entidades de información turística e empresas do territorio vinculadas ó sector turístico.
O acto estivo presidido por Juan J. Rocha (presidente da Asociación), Jorge Blanco (Xerente do Proder II), José L. Barcia (Delegado de turísmo), Per Rueda (fotografo), Manuel Brandariz (autor do mural "Terra das Mariñas").
Contouse cá presencia de diversos medios de comunicación, tanto prensa escrita como radio.

24-dic-2008

CANCELACIÓN DE SEMINARIOS

Os seminarios propostos anteriormente ("Como ser máis atractivo fronte a entidades financieiras" e "Como xestionar un proxecto de innovación")foron cancelados por non acadar un número mínimo de asistentes.
Terra das Mariñas a través da técnico de emprego Teresa Pita presenta as súas disculpas a todas as persoas que con anterioridade tiñan presentado a súa solicitude.