11 jul 2008

O GAL TERRA DAS MARIÑAS PARTICIPA NA CONSTITUCIÓN DO NOVO GDR-29


O GAL Terra das Mariñas está impulsando xunto ca Fundación Comarcal de Betanzos a candidatura LEADER (2008-2013) do Grupo de Desenvolvemento Rural 29 (GDR-29).

O programa LEADER é o programa europeo para o desenvolvemento rural e que se vai a executar durante o período 2008-2013.O enfoque LEADER parte do enfoque “abaixo cara a arriba”, onde a estratexia de desenvolvemento realizase dende ó ámbito local e a capacidade de decisición reside na unión de axentes locais (Públicos e Privados) que desenvolven proxectos tratando de implicar os diferentes sectores da zona, fomentando a cooperación e o traballo en rede e incorporando a innovación a todos os ámbitos do medio rural.

O programa LEADER de cada territorio deséñao e execútao u Grupo de Desenvolvemento Rural: asociación constituída polas institucións públicas e entidades privadas dos ámbitos económico, social, cultural, veciñal e ambiental, con implantación na zona e que decidan involucrarse no desenvolvemento do seu territorio.

No programa LEADER 2008-2013 a Consellería de Medio Rural elaborou un novo mapa territorial para os Grupos de Desenvolvemento Rural, e o noso territorio encadrase no Grupo Desenvolvemento Rural 29 (GDR 29), que abarca os municipios de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coiros, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, e Sada.

No hay comentarios: