24 abr 2008

TERRA DAS MARIÑAS SÚMASE Á CANDIDATURA DA TORRE DE HÉRCULES COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE


O día 22 de abril de 2008, tivo lugar unha reunión da Xunta Directiva de Terra das Mariñas, onde un dos puntos da orde do día era aprobar a proposta de adherirse á candidatura promovida polo Instituto de Estudios Torre de Hércules para declarar a Torre de Hércules como Monumento Patrimonio da Humanidade ante a UNESCO, a través dun manifesto.

Nesta proposta que foi aprobada por unanimidade por todos os membros da Xunta Directiva, se quere resaltar a importancia histórica e cultural da Torre de Hércules, así como que é único faro romano que segue en activo en todo o mundo.

Co apoio da Asociación Terra das Mariñas, que conta con máis de 45 socios, formando parte dela as oito entidades locais do territorio: Abegondo
, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, ademais de entre outras, das Asociacións de Empresarios de Abegondo, de Cambre, de Culleredo, de Sada e As Mariñas, de Bergondo; Asociación de Produtoras Queixeras de Abegondo e Comarca, Asociación de Artesáns das Mariñas, Asociación de Horticultores e Floricultores As Mariñas, do Club Ciclista de Cambre – Frisonoble, da Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña (APEM), da Cooperativa Horta do Atlántico, de ASPANAES, do Club de Montaña O Carroucho, da Asociación de Hostaleiros de Arteixo e de Culleredo, da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Castelo e da de Xalo-Culleredo....., se mostra o apoio de máis de 1.800 persoas a esta candidatura.

Con este manifiesto de apoio se visualiza tamén o apoio dos concellos da Área Metropolitana coa cidade da Coruña, apostando por unha boa relación, entendemento e coordinación entre cidade e comarca

No hay comentarios: