13 mar 2008

TERRA DAS MARIÑAS PRESENTA O LIBRO "XARDÍNS DAS MARIÑAS"


Ao mesmo tempo que se celebran as xornadas Presente e futuro do turismo na área metropolitana da Coruña tamén se presentará unha nova publicación consistente nun LIBRO DE XARDINS DA COMARCA, así como unha GUÍA para coñecelos.



Hai que lembrar que esta presentación terá lugar o luns 24 de marzo ás 12:30 horas, no Castelo de Santa Cruz (Liáns-Oleiros).



Estas publicacións foron elaboradas conxuntamente ca Fundación Juana de Vega de A Coruña dando forma a unha idea que xurdiu do PLAN DE DINAMIZACION TURÍSTICO "TERRA DAS MARIÑAS" (2004-2007).Os pazos e os seus xardins son o elemento principal do libro, donde se conxugan os valores históricos e arquitéctonicos cos botánicos e naturais. Tamén se recollen outros destacados xardins pertencentes a quintas e palacetes construídos desde a segunda metade do S. XIX, e as casas e chalets de principios do S. XX que deixaron unha pegada importante na paisaxe de "AS Mariñas", e nos que participaron relevantes xardineiros.



A presentación do libro de xardins e a guía será realizada por:



D. Enrique Sáez Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega.

D. Juan José Rocha Carro, Presidente da Asociación G.A.L. Terra das Mariñas.

D. Jesús Angel Sánchez García, Doutor en Historia da Arte e autor do libro.

No hay comentarios: