13 mar 2008

TERRA DAS MARIÑAS NA RADIO

O xoves 13 de marzo tense desenvolvido, na cadea Radio Voz, un programa especial adicado á Asociación Terra das Mariñas. O programa presentado polo periodista Pablo Portabales, ten servido para achegar á poboación as diferentes iniciativas levadas a cabo pola Asociación Terra das Mariñas.
Neste programa ademais de intervir os responsables das Asociación G.A.L. Terra das Mariñas, tamén interviron diferentes promotores de proxectos impulsados polo Programa PRODER II Terra das Mariñas, os cales contaron a súa experiencia coma beneficiarios deste programa de desenvolvemento rural.

No hay comentarios: