13 mar. 2008

O CEIDA ORGANIZA AS XORNADAS "PRESENTE E FUTURO DO TURISMO NA ÁREA METROPOLITANA DA CORUÑA"

O vindeiro luns 24 de marzo de 2008 celebraranse as xornadas sobre o "Presente e futuro do turismo na área metropolitana da Coruña". Estas xornadas que organiza o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), terán lugar no Castelo de Santa Cruz (Liáns - Oleiros).
Os obxectivos destas xornadas son:
  • Dar a coñecer a estratexia turística desenvolta pola Asociación G.A.L. Terra das Mariñas, a través do Programa PRODER II (2004-2007) e polo Consorcio de Turismo da Coruña nos últimos anos.
  • Expoñer o futuro Plan de Dinamización Turística da comarca da Coruña (2008-2010).

PARA TER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS XORNADAS OU INSCRIBIRSE, PODE PINCHAR NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.ceida.org/formacion/presente-futuro-turismo-na-area-metropolitana-da-coruna.html

No hay comentarios: