1 feb 2008

TERRA DAS MARIÑAS IMPULSA UN PAQUETE DE TURISMO NÁUTICO


O día 29 de xaneiro de 2008, tivo lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada a presentación aos medios de comunicación e público en xeral de cinco paquetes de turismo náutico, onde estiveron os representantes Do Concello de Sada, da Asociación Terra das Mariñas e dos empresarios implicados no proxecto, entre outros.

A oferta consiste en diferentes paquetes que inclúen dúas noites de aloxamento en hoteis de tres e catro estrelas e un menú degustación con produtos típicos da comarca, ademáis de actividades como cursos de vela cruceiro, excursións en veleiro ou a pé visitando os lugares de maior interese (Pazo de Mariñán, Castelo de Santa Cruz, Faro de Mera...) e diversas actividades de aventura, como o tiro con arco ou lanzamentos en tirolina.

Se trata dunha iniciativa que se realiza por primeira vez nos municipios de Sada e Oleiros, sendo as empresas de Sada que participan na oferta descrita o Hotel Sada Marina, Cadenote, Club Náutico Recreativo, Altavela e Gotompo e de Oleiros o Hotel As Galeras, Hotel Celuisma Rías Altas, Hotel Porto Cobo, Hotel Monumento Pazo do Río e o Restaurante o 13, participando tamén a empresa Axiña Servicios Deportivos de A Coruña.

Esta iniciativa ven a complementar as labores de desenvolvemento turístico que se están levando a cabo dende o Grupo de Acción Local “Terra das Mariñas”, co obxectivo de fortalecer a organización deste sector ecónomico da Comarca.

No hay comentarios: