12 feb 2008

TERRA DAS MARIÑAS XUNTO CON OUTROS GRUPOS ORGANIZA AS XORNADAS "OS IMPACTOS DOS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL NO DESENVOLVEMENTO RURAL (2000-2006)"


O proxecto de cooperación interterritorial "Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galicia 2000-2006, é unha iniciativa de cooperación entre os Grupos de Acción Local da ULLOA, EUROEUME, ASDECOMOR, RÍO LOR, ADR PONTEVEDRA e TERRA DAS MARIÑAS, que xurde cos seguintes obxectivos:
  • Avaliar os programas de desenvolvemento que se teñen levado a cabo no periodo 2000-2006.
  • Divulgar e aprender das boas práctivas levadas a cabo.
  • Compartir as experiencias de cada territorio.
  • Obter orientacións para o próximo programa Leader 2007-2013.
Nas xornadas presentaranse as conclusións da avaliación dos programas e desenvolveranse mesas redondas para debatir sobre o futuro do desenvolvemento rural en base ás leccións aprendidas.

Estas xornadas serán as seguintes:
Agroindustria: 15/02/2008 (Casa da Cultura de Monterroso)
Grupos de Acción Local: 22/02/2008 (Casa da Cultura do Concello de Bóveda)
Turismo: 23/02/2008 (Casa da Cultura do Concello de A Capela)
Promoción Económica: 28/03/2008 (Pazo de Mariñán-Bergondo)
Servicios Sociais: 29/03/2008 (Casa da Cultura do Concello de Ordes)
Medio Ambiente: 04/04/2008 (Pazo de Cultura do Concello de Pontevedra)
Xornada Final Presentación: 21/05/2008 (Santiago de Compostela)

TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS XORNADAS NOS SEGUINTES ENLACES:

No hay comentarios: