28 ene 2008

PRESENTACIÓN EN FITUR 2008


A Asociación "Terra das Mariñas" actuou como dinamizadora na creación dunha novedosa oferta no noso territorio, de TURISMO NÁUTICO, destinada á promoción de este sector na ría de Sada-Betanzos.
A iniciativa consiste en diferentes paquetes nos que se inclúen as actividades náuticas así como outras actividades de ocio e tempo libre, aloxamento e degustación de productos típicos da comarca, así como excursións por diferentes puntos da comarca, e para promocionar estes recursos turísticos tense elaborado un folleto informativo financiado pola Dirección Xeral de Turismo que se presentará oficialmente o martes, 29 de xaneiro ás 11:30 horas na Casa de Cultura Pintor Lloréns de Sada.
O próximo venres 01 de febrero de 2008 ás 18.00 horas vanse a presentar na sala de actos do stand de TURGALICIA EN FITUR 2008 (MADRID) estos paquetes turísticos que brevemente comezaranse a comercializar a nivel estatal (http://nauticomarinas.blogspot.com/)
Ao mesmo tempo vanse a presentar dúas novas publicacións, que son un LIBRO DE XARDÍNS DA COMARCA, así como unha GUÍA para coñecelos.
Estas publicaciones foron elaboradas conxuntamente coa Fundación Juana de Vega de A Coruña dando forma a unha idea xurdida do PLAN DE DINAMIZACION TURÍSTICO "TERRA DAS MARIÑAS" (2004-2007).
Os pazos e os seus xardíns son o elemento principal do libro, donde se conxugan os valores históricos e arquitéctonicos cos botánicos e naturais. Tamén se recollen outros destacados xardíns pertencentes a quintas e palacetes construídos desde a segunda metade do S. XIX, e as casas e chalets de principios do Século XX que deixaron unha pegada importante na paisaxe de "AS Mariñas", e nos que participaron relevantes xardineiros.

No hay comentarios: