3 dic 2007

ROTEIRO MARIÑÁN



O Grupo de Acción Local "Terra das Mariñas", dentro do Programa PRODER II, e seguindo co seu Plan de Desenvolvemento Turístico para o seu territorio, está levando a cabo un proxecto moi ambicioso de creación de pequenas rutas de sendeirismo, en colaboración cos concellos, que son os principais promotores dos proxectos, e outras entidades como Comunidades de Montes. Se está creando unha rede denominada Roteiro Mariñán, que dotará á comarca deste tipo de infraestruturas, que aumente a oferta de actividades de ocio na natureza, ao mesmo tempo que descubre tanto aos visitantes, como aos propios residentes os fermosos lugares da comarca, os espazos naturais, zonas rurais pouco coñecidas, o litoral, as cuncas dos pequenos ríos, zonas montañosas, patrimonio histórico-artístico e cultural, etnografía, e moitos outros que se van descubrindo a medida que se realizan os itinerarios.


Podedes descargar os planos das rutas, pinchando nos seguintes enlaces:


ABEGONDO: díptico

BERGONDO: díptico

CAMBRE: díptico

OLEIROS: díptico

SADA: díptico


No hay comentarios: