23 oct 2007

TERRA DAS MARIÑAS ORGANIZA AS PRIMEIRAS XORNADAS PARA A DINAMIZACIÓN DA INNOVACIÓN NO SECTOR FORESTAL E DA MADEIRA NAS MARIÑAS CORUÑESAS


A Asociación “Terra das Mariñas”, ten entre os seus obxectivos a dinamización do tecido produtivo na Comarca. Para elo téñense deseñado as “I Xornadas para a dinamización da innovación no sector forestal e da madeira nas mariñas coruñesas”, dirixidas a sensibilizar e mobilizar ás empresas do sector da madeira, na comarca e concellos limítrofes, acerca da importancia da innovación e que se enmarcan dentro do Plan Galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica 2006-2010 (PGIDIT-INCITE)

Estas I xornadas buscan achegar os axentes da innovación de Galicia ás empresas do sector da madeira e sensibilizar ás mesmas sobre a importancia da innovación, polo que están convidadas as diferentes empresas do sector forestal e da madeira, localizadas nas mariñas coruñesas.

Os obxectivos principais que se pretenden acadar con estas xornadas son:

- Sensibilizar ás diferentes empresas do sector sobre a importancia da innovación.
- Dar a coñecer aos representantes do sector, os principais axentes que están a traballar no campo da investigación e innovación.
- Dar a coñecer as principais liñas de financiación para proxectos innovadores do sector.

Estas I Xornadas se celebrarán en tres días que serán os luns do día 29 de outubro, e dos días 5 e 12 de novembro de 2007 no Salón de Actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo), sendo a hora de inicio ás 19.00 horas.

Así, o vindeiro luns 29 de outubro ás 19.00 horas terá lugar o acto de apertura oficial destas xornadas polo presidente do Grupo de Acción Local “Terra das Mariñas” D. Juan José Rocha Carro e polo Director do Centro de Formación Agroforestal de Guísamo, D. Xosé Luís Arenas.

Para máis información dirixirse á sede do Grupo de Acción Local “Terra das Mariñas” en Abegondo 981 669 532.

Xornadas: tríptico









No hay comentarios: