29 ene 2009

TERRA DAS MARIÑAS PON EN MARCHA O PROXECTO "ROTEIRO MARIÑÁN"


Este proxecto desenvolveuse polo GAL Terra das Mariñas dentro do Programa PRODER II, seguindo có Plan de Desenvolvemento Turístico do territorio.
O obxectivo deste proxecto foi a creación dunha rede de roteiros de senderismo os cais constitúen un ANEL VERDE que percorre todos os municipios da Área Metropolitana da Coruña.
Esta rede mellora as infraestructuras e aumenta a oferta de actividades de ocio na natureza existentes na comarca e contribue a potenciar os fermosos recantos e espazos naturais que posúe o terririo.
Os promotores destes proxectos foron os oito concellos da comarca (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada), diversas entidades de carácter privado e o propio GAL Terra das Mariñas.

Todas estas rutas están recollidas nuha guía editada recentemente a cal será presentada o venres 30 de xaneiro de 2009 ás 10:00 horas na sala de actos do stand de Galicia en Fitur-2009.

No hay comentarios: