29 ene 2009

PRESENTACIÓN DO XOGO DIDÁCTICO "PREGUNTOIRO DAS MARIÑAS"


O día 13 de xaneiro de 2009 ás 12:00 horas, tense presentado na Fundación Wenceslao Fernández Flores, o xogo didáctico "Preguntoiro das Mariñas".
O mesmo día ás 20:00 horas tense realizado unha segunda presentación na Casa da Cultura de Carral dirixida especialmente a asociacións e centros de ensino.

Este xogo foi elaborado conxuntamente pola Asociación Cultural "Cultura Aberta de Carral" e a Asociación "Terra das Mariñas"; así mesmo contouse cá colaboración do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, Consellería do Medio Rural, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, FEOGA e Obra Social Caixa Galicia entre outros.
O seu obxectivo principal é propiciar dun xeito ameno o coñecemento da natureza, do patrimonio, da arte e dos recursos existentes nos municipios que conforman o territorio mariñán.
Este xogo combina as novas tecnoloxías (presentase en CD-ROM e pódese acceder a él a través da páxina web "www.preguntoirodasmarinas.es") con outras presentacións máis tradicionais (taboeiro, fichas, dados,...)

Dende aquí esperamos que esta iniciativa perdure no tempo e axude dun xeito significativo ó coñecemento do propio territorio.

No hay comentarios: