20 oct 2010

SEMINARIO ORGANIZADO POLO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA GOLFO ÁRTABRO

O 15 de outubro de 2010 tivo lugar no Concello de Sada, o I Seminario "A xestión integrada de zonas costeiras: Xestión integrada no Golfo Ártabro, como ferramenta para aplicar a directiva Marco da Auga".
Neste seminario participaron as entidades implicadas na presentación da candidatura ao Programa LIFE + , que se ten presentada en Setembro de 2010 ante a Comisión Europea. Os socios desta candidatura son: Augas de Galicia, Consellería do Mar, Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), a Asociación GDR Mariñas-Betanzos e as empresas Antonio Muiños, Rosa Mª Mirás, Algafrés SL e Galibait Cebos Vivos SL.
A inauguración do acto foi realizada polo Alcalde de Sada, D. Abel López Soto e polo Presidente do GAC Golfo Ártabro, D. Andrés García Boutureira. Clausuraron o acto o Presidente do GAC e o Presidente da Asociación GDR Mariñas-Betanzos, D. José Antonio Santiso Miramontes.
A Asociación GAL Terra das Mariñas colaborou técnicamente na organización do seminario ademais de aistir ao mesmo.







No hay comentarios: