Mostrando entradas con la etiqueta ROTEIRO TERRA DAS MARIÑAS BICICLETA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROTEIRO TERRA DAS MARIÑAS BICICLETA. Mostrar todas las entradas

16 oct 2007

O G.A.L. TERRA DAS MARIÑAS PRESENTOU A DIAGNOSE PARA O SECTOR PRODUTOR DE PLANTA ORNAMENTAL NO TERRITORIO DE TERRA DAS MARIÑAS


O G.A.L. Terra das Mariñas presentou onte (27/09/2007), na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, o documento de diagnose para "O sector produtor de planta ornamental no territorio de Terra das Mariñas".


Neste acto estiveron presentes Abel López Soto, alcalde de Sada, Olga María García Agra, delegada provincial da Consellería do Medio Rural e Juan J. Rocha Carro, presidente do G.A.L. Terra das Mariñas, ademáis dos representantes dos viveiros da comarca e áreas limítrofes.


Con este estudio, iniciativa do G.A.L. Terra das Mariñas, dentro do Programa PRODER II, preténdense acadar os seguintes obxectivos:

1.- Coñecer a problemática actual do sector na comarca, así como as ameazas futuras.
2.- Presentar propostas realistas para potenciar o sector.
3.- Potenciar a innovación neste sector, no territorio, para que sexa capaz de xenerar emprego.

Segundo as palabras de Abel López Soto, alcalde de Sada, "o fomento deste sector pode supoñer un motor económico, de crecemento e de creación de emprego para estes municipios da comarca, os cales presentan unhas características climatolóxicas idóneas para esta actividade".Pola súa banda, a delegada provincial de Medio Rural, Olga Mª García Agra, lembrou que o sector produtor de planta ornamental é un proxecto de futuro en Galicia, e que "dende a Consellería vai a recibir o apoio necesario para o seu desenvolvemento".O presidente de Terra das Mariñas, Juan J. Rocha Carro, fixo público o seu desexo de que tanto as administracións públicas, como os entes locais así como as empresas privadas colaboren con esta iniciativa, "de grande importancia para a comarca".


Este estudo que foi valorado moi positivamente polos viveiristas, supón o inicio de traballos en común entre os produtores de planta ornamental da comarca, para intentar mellorar a comercialización e desenvolver tecnoloxicamente as producións, que foron os principiais problemas que se debatiron na xornada.

INAUGURACIÓN ROTEIRO BTT "TERRA DAS MARIÑAS"


O día 19 de setembro tivo lugar en Cambre o acto de presentación oficial do "Roteiro do Xalo e os Sete Regos".


Este roteiro foi subvencionado polo Programa PRODER II que xestiona o Grupo de Acción Local "Terra das Mariñas. Ao acto de presentación oficial do "ROTEIRO DO XALO E OS SETE REGOS" acudiron o Delegado Provincial da Consellería de Innovación e Industria da Coruña, D. José Luís Barcia Picos, o presidente do Clube Ciclista de Cambre - Frisonoble, D. Antonio Carrodeguas Barbosa, o presidente de Terra das Mariñas, D. Juan Jose Rocha Carro, o alcalde de Cambre, Antonio Varela Saavedra, o alcalde de Carral, D. José Luís Fernández Mouriño, o Concelleiro de Turismo de Culleredo, D. Isidro Taibo Gago, así representantes municipais dos concellos do ámbito territorial de Terra das Mariñas.


Tamén estiveron presentes o presidente da Federación Galega de Ciclismo, D. Sabino Cortizo, o Director-Xerente da Fundación de Ciclismo Galego e Manager do Karpin Galicia, D. Rodrigo Costas e o ciclista do Karpin Galicia, Gonzalo Rabuñal, entre outras personalidades vinculadas co ciclismo.


O Grupo de Acción Local "Terra das Mariñas" concedeu unha subvención de 54.441,31.-€ que equivale ao 84,30% da inversión realizada polo promotor desta iniciativa o Club Ciclista de Cambre - Frisonoble, a través do Programa PRODER II dentro dos investimentos turísticos no medio rural: agroturismo e turismo local, para o acondicionamento da primeira ruta cicloturística estable e debidamente sinalizada da comarca, que atravesará nunha primeira fase os Concellos de Cambre, Carral e Culleredo, cunha lonxitude aproximada de 52 km. e que suporá un incremento da oferta de actividades recreativo-deportivas no medio rural, mostrando un interesante patrimonio natural e etnográfico.Esta actuación complementa aos roteiros denominados "Roteiro Mariñan" que se están levando a cabo dende o Grupo de Acción Local "Terra das Mariñas".


Agárdase que nun futuro esta ruta poida enlazarse coa cidade da Coruña, para disfrute de todos os habitantes da Área Metropolitana.O percorrido deste roteiro ten a intención de facilitar e fomentar a práctica do deporte na natureza dun xeisto sostible, cun total respecto ao medio natural e está deseñado para cicloturismo en BTT, pero tamén pode ser adecuado para sendeirismo, carreira pedestre (yoguing) ou ciclo-excursionismo.Ofrece a posibilidade de practicar un deporte na natureza, divertido e accesible a todos, promovendo e defendendo os valores naturais históricos e etnográficos da comarca e así contribuir a súa conservación e uso sostible, a través dunha posta en valor do entorno.


Por último o vindeiro domingo día 23 de setembro terá lugar en Cambre o 3º ROTEIRO BTT TERRA DAS MARIÑAS "ROTEIRO DO XALO E OS SETE REGOS".


A saída está prevista ás 9.30 horas do Campo da Feira de Cambre. Para máis información e inscricións dirixirse á páxina web da organización, Club Ciclista de Cambre - Frisonoble: http://www.cccambre.es/.