A axente de emprego de Terra das Mariñas comunica aos socios e usuarios que cesará no seu posto o venres 19 de novembro de 2010, polo que a Asociación GAL Terra das Mariñas carece de persoal.
Calquer consulta sobre axudas poderan dirixirse ás Axencias de Desenvolvemento Local que funcionan nos concellos, e a información sobre os programas de axudas presentes na comarca será levada a cabo polas entidades que as xestionan (Programa LEADER: Asociación GDR Mariñas-Betanzos, Programa de axudas da Consellería do Mar-Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro)
18 nov 2010
REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DE TERRA DAS MARIÑAS
Na sé da asociación celebrouse a reunión da Xunta Directiva corresponde ao terceiro trimestre do ano 2010.
A orde do día comprendía os seguintes puntos: aprobación do acta anterior, seguimento do Programa PRODER II, información contable-financeira, proxectos a desenvolver, aprobación novo representante no GAC Golfo Ártabro, Axencia de Emprego, persoal da Asociación e rogos e preguntas.
Á data da próxima reunión non foi acordada pero celebrase no vindeiro 2011.
A orde do día comprendía os seguintes puntos: aprobación do acta anterior, seguimento do Programa PRODER II, información contable-financeira, proxectos a desenvolver, aprobación novo representante no GAC Golfo Ártabro, Axencia de Emprego, persoal da Asociación e rogos e preguntas.
Á data da próxima reunión non foi acordada pero celebrase no vindeiro 2011.
20 oct 2010
SEMINARIO ORGANIZADO POLO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA GOLFO ÁRTABRO
O 15 de outubro de 2010 tivo lugar no Concello de Sada, o I Seminario "A xestión integrada de zonas costeiras: Xestión integrada no Golfo Ártabro, como ferramenta para aplicar a directiva Marco da Auga".
Neste seminario participaron as entidades implicadas na presentación da candidatura ao Programa LIFE + , que se ten presentada en Setembro de 2010 ante a Comisión Europea. Os socios desta candidatura son: Augas de Galicia, Consellería do Mar, Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), a Asociación GDR Mariñas-Betanzos e as empresas Antonio Muiños, Rosa Mª Mirás, Algafrés SL e Galibait Cebos Vivos SL.
A inauguración do acto foi realizada polo Alcalde de Sada, D. Abel López Soto e polo Presidente do GAC Golfo Ártabro, D. Andrés García Boutureira. Clausuraron o acto o Presidente do GAC e o Presidente da Asociación GDR Mariñas-Betanzos, D. José Antonio Santiso Miramontes.
A Asociación GAL Terra das Mariñas colaborou técnicamente na organización do seminario ademais de aistir ao mesmo.
21 jul 2010
AXENCIA DE EMPREGO
Comunicamos a socios e público en xeral que a Axencia de Emprego da Asociación GAL Terra das Mariñas permanecerá de vacacións dende o 19 de xullo ata o 17 de agosto (ambos inclusive).
REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA
Na sé da asociación celebrouse a reunión da Xunta Directiva correspondente ao segundo trimestre do ano 2010.
A orde do día comprendía os seguintes temas: seguimento do programa Proder II, información contable-financeira, proxectos da asociación, actividades desenvolvidas e noticias da axencia de emprego.
A orde do día comprendía os seguintes temas: seguimento do programa Proder II, información contable-financeira, proxectos da asociación, actividades desenvolvidas e noticias da axencia de emprego.
22 jun 2010
TERRA DAS MARIÑAS NAS FEIRAS EMPRESARIAIS DE CAMBRE E CULLEREDO
No Concello de Cambre desenvolveuse os días 18, 19 e 20 de xuño a VII FEIRA DO COMERCIO E ARTESANIA.
Nesta feira participou a Asociación GDR Mariñas-Betanzos como acto de difusión do PROGRAMA LEADER e procedeuse á entrega do material divulgativo por parte do equipo técnico.
No stand tamén atopabase material divulgativo da Asociación GAL Terra das Mariñas que foi entregado ao público asistente pola técnico da asociación.
No Concello de Culleredo nas mesmas datas celebrouse a II FEIRA EMPRESARIAL E COMERCIAL que contou tamén ca presenza dos técnicos e ca participación das dúas asociacións.
É de resaltar o grande éxito de público e a importante participación de empresas nas dúas feiras celebradas.
9 jun 2010
A UNED SENIOR VISITA A CASA MUSEO DE WENCESLAO FERNANDEZ FLOREZ
Este martes, 8 de xuño, Don Felipe Senén dirixiu a seus alumnos da UNED Senior a través da Fundación, e coñercer mellor o propio pobo de Cambre, a paisaxe e elementos arquitectónicos, según se recollían nas novelas de Wenceslao Fernández Flórez.
8 jun 2010
BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA A POTENCIACIÓN E A MELLORA DO TURISMO RURAL
Con data 26 de maio de 2010 son publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 98 as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación e mellora do turismo mediante a creación de aldeas de turismo rural ou mellora de establecementos existentes de turismo rural e oferta complementaria e se procede a súa convocatoria para o ano 2010 (CT983H).
Con data 2 de xuño publicase no DOG unha corrección de erros a esa orde.
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
24 may 2010
PARTICIPACION DE TERRA DAS MARIÑAS EN INCOART 2010
Os días 21,22 y 23 de maio celebrouse INCOART 2010. Esta feira celebrada no concello de Bergondo, ten a pretensión de dar a coñecer a actividade industrial, comercial e artesanal e mostrar os productos e servicios das empresas deste concello.
A feira foi inaugurada polo presidente de ASEB e pola alcaldesa de Bergondo D. Alejandra Pérez
Mázquez e contou con actividades diversas: cata de vinos, xogos e pasatempos para os/as nenos/as.
O GDR Mariñas-Betanzos participou cun stand no que atopábase material divulgativo da Asociación Terra das Mariñas que foi entregado ao público asistente.
30 abr 2010
ASOCIACIÓN DO TURISMO SOSTIBLE
Con data 28 de abril de 2010 foi constituída a ASOCIACIÓN DO TURISMO SOSTIBLE.
A idea da constitución dunha asociación de ámbito provincial que englobe a empresas, asociacións e demais entidades relacionadas co sector turístico do medio rural (aloxamentos, restauración, servicios, etc) parte dos propios interesados co fin de realizar actuacións comúns que beneficien tanto ao sector turístico como ao seu territorio.
SE ESTAS INTERESADO EN PARTICIPAR
981 669 532 ( Teresa Pita)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)