30 abr 2010

IV CONGRESO GALEGO DE COMUNIDADES DE MONTES

A Organización Galega de Comunidades de Montes Vaciñais en Man Común organiza o IV Congreso Galego de Comunidades de Montes no Salón Multiusos do Concello de O Carballiño para os días 22 e 23 de maio de 2010, no que participarán todos as veciñas e veciños comuneiros que desexen participar.
A folla de inscripción cos datos cubertos pódese baixar na páxina http://xapegonda@terra.es e deberá enviarse cos datos cubertos antes do 15 de maio ao seguinte enderezo: Organización Galega de Comunidades de Montes, Estrada Xeral de Valadares, 261 36315 Vigo. Tamén se poderá facer a inscrición por correo electrónico, enviándoa a: xapegonda@terra.es.
Para a reserva de xantar e/ou aloxamento contactar ca organización.

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO CONVOCATORIA 2010

Con data 28 de abril de 2010, foi publicada no DOGA a Orde de 22 de abril de 2010 da Consellería de Traballo e Benestar pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2010.
Os tipos de axuda regulados nesta orde son os seguintes:
- Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta
propia.
- Subvención financeira.
- Subvención para asistencia técnica.
- Subvención para a formación.
- Axuda excepcional.
- Subvención pola primeira contratación indefinida.
Maís información consultando o DOGA nº 79 do 28 de abril de 2010 ou contactando ca nosa axencia de emprego no 981 669 532 ou no correo tecnico@terradasmarinas.com

27 abr 2010

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS

O pasado 26 de abril de 2010 na Aula Multimedia do concello de Abegondo tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación GAL Terra das Mariñas. Os puntos do orde do día: memoria de actividades do ano 2009, contas anuais do exercicio 2009 e orzamento previsto para o ano 2010 foron aprobados por unanimidade polos socios asistentes.

20 abr 2010

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

O vindeiro 26 de Abril de 2010 celebrarase na Aula Multimedia do concello de Abegondo ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda, a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da Asociación GAL Terra das Mariñas.
Para dita reunión convocase ás entidades socias para someter á súa aprobación a memoria anual de actividades realizadas no ano 2009, as contas anuais do exercicio 2009 e o orzamento para o ano 2010.

30 mar 2010

I XORNADAS DE VITICULTURA E DESENVOLVEMENTO RURAL: Recuperación das variedades Branco Lexítimo e Agudelo

Estas xornadas organizadas pola Fundación Juana de Vega, terán lugar o vindeiro 07 DE ABRIL DE 2010, a partir das 16.00 horas no Edificio Liceo do Concello de Betanzos.
Inscrición gratuíta na Fundación Juana de Vega: Tel. 981 654 637 / mail: info@juanadevega.org

24 mar 2010

REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

Na sé da asociación celebrouse a reunión da Xunta Directiva correpondente ao primeiro trimestre do ano 2010.
Entre diversos acordos aprobados encóntrase a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria, fixando como data o 26 de abril de 2010 ás 19.00 h. en primeira convocatoria e ás 19.30 h. en segunda convocatoria.
O lugar de celebración da mesma é a Aula Multimedia do Concello de Abegondo.
A orde do día aprobado foi o seguinte:

1. Informe da presidencia:
1.1 Presentación do informe das actividades desenvolvidas durante o ano 2009.
1.2 Presentación das contas anuais do ano 2009.
1.3 Presentación do orzamento para o ano 2010.
2. Rogos e Preguntas

22 feb 2010

AGADER AMPLIA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA 2010

Hoxe ten saído publicado no DOG (número 35) a resolución do 17 de febreiro de 2010 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), onde se amplia o prazo de presentación de solicitudes previsto na resolución do 15 de decembro de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2010.
En base ó anterior, informáse que O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 24 DE MARZO DE 2010

13 ene 2010

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA 2010

As bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para a convocatoria do 2010 foron publicadas no Diario Oficial de Galicia con data 24 de decembro de 2010.
O prazo de presentación é de 60 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
A AXENCIA DE EMPREGO da Asociación G.A.L. Terra das Mariñas prestará a información e asesoramento necesario para a tramitación destas axudas nos seguintes contactos:

Axente de Emprego: Mª Teresa Pita Seijas
Telefono 981 669 532
Fax 981 673 574
e-mail: tecnico@terradasmarinas.com

8 ene 2010

RESUMO DO ANO 2009 EN TERRA DAS MARIÑAS


A Asociación G.A.L. Terra das Mariñas realizou ao longo do ano 2009, numerosas actividades. Como xa anunciamos, o servizo da Axencia de Emprego fíxose cargo das funcións da Asociación, estando entre elas: a xestión do programa PRODER II, a información e asesoramento a emprendedores, empresas, asociacións e público en xeral de temas relacionados co mundo laboral e especialmente cas axudas vixentes, o desenvolvemento de proxectos de ámbito comarcal, etc.
Ao longo do ano celebrarónse catro reunións da Xunta Directiva nas que foron aprobadas diferentes medidas, no mes de maio tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria, na que foron ratificados os cargos da nova Xunta Directiva, e a Asemblea Xeral Extraordinaria na que foi aprobada unha modificación dos Estatutos (información detallada publicada no blog).
Facemos especial mención aos proxectos que estanse a desenvolver, en colaboración cos axentes públicos e privados da comarca e que teñen especial incidencia no medio rural. Entre eles estudiase a implantación dun Banco de Tempo, a inscripción coma Entidade de Aconsellamento, o desenvolvemento dun proxecto no sector agroforestal, e a implantación dun proxecto sobre cultura emprendedora.
Os obxetivos para o ano 2010 seguen a ser os mesmos obxetivos fixados dende a constitución da Asociación. Polo que seguirán a prestarse os mesmos servicios e incluirase calquer outro que a sociedade demande.
Así memo informar que a través deste Blog dárase conta de toda información de interese para a comarca e os seus habitantes.

CONTACTO:
Axente de Emprego: Mª Teresa Pita Seijas
Teléfono: 981 669 532
Fax: 981 673 574
E-mail: tecnico@terradasmarinas.com

29 jul 2009

ÚLTIMAS NOVAS

Comunicamos que dende o día 3 de agosto ata 2 de setembro a Axencia de Emprego de Terra das Mariñas permanecerá pechada por vacacións.
Informar que a partir do día 17 de agosto a sede da Asociación abrirá as súas portas sendo atendidos polo persoal da Asociación Mariñas-Betanzos