18 oct 2007

POSTA EN VALOR DA PRODUCIÓN TRADICIONAL DE QUEIXO DE ABEGONDO E COMARCA



O G.A.L. Terra das Mariñas (Programa PRODER II) que está a traballar para poñer en valor as producións tradicionais de Queixo na Comarca e concellos limítrofes, organizou o mércores 17 de outubro unha xornada formativa dirixida a estas produtoras http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2551_2_138914__A_Coruna_/_Metro-queso-abegondes-mercado


Esta xornada formativa, a cargo da Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela, enmárcase dentro das liñas de mellora que se están a poñer en marcha no sector.

Así destacar, que ata o momento as actuacións que se levaron a cabo dentro deste sector foron:

- Reforma dos Estatutos sociais para dar cabida as productoras se fora do Concello de Abegondo.
- Deseño de etiquetas para o producto, co que se acadará unha diferenciación do mercado.

- Apoio ao colectivo de productoras desde o G.A.L. Terra das Mariñas e o Concello de Abegondo.

Os próximos obxetivos a acadar son:

- Comercialización do Queixo de Abegondo e Comarca, a través da Agroalimentaria do Eume. Para eso realizarase unha xuntanza cos responsables da Agroalimentaria. A comercialización a través da Agroalimentaria facilitará o acceso a diferentes restaurantes, pero sen olvidar que será obligatoria a súa presencia na rede de restaurantes “Baiucas das Mariñas”.

- Deseño de unha Ruta do Queixo, que estea ligada tamén a outras producións agroalimentarias, como poden ser o Mel, Pan de Carral, etc.

Desde o G.A.L. Terra das Mariñas considérase que este sector é estratéxico para o desenvolvemento da Comarca, e polo tanto as demandas do mesmo formarán parte da candidatura do novo Proder (2007-2013).

No hay comentarios: